Königgrätzer Marsch
Aparencia
Königgrätzer Marsch é unha marcha militar alemá composta polo músico prusiano Johann Gottfried Piefke con ocasión da vitoria de Prusia sobre as tropas do Imperio Austríaco na Batalla de Königgrätz o 3 de xullo de 1866, que foi o enfrontamento decisivo da Guerra Austro-Prusiana.[1] Tal vitoria abriu camiño para a supremacía de Prusia na Confederación Xermánica e, finalmente, para a fundación do Imperio Alemán en 1871.[1] Por razóns obvias, é oído raramente en Austria.[1]
Notas
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |